Nesta ocasión ademais de CANAVELLA estaran con nos MARIA unha nena de Neda que toca a gaita e a zanfona que da xenio vela, dende Miño ven o grupo MOLLANDO A PALLETA, e dende Ortigueira veñen OS REBENTAFOLES, un grupo de rapaces cheos de enerxia.
Grupo de música tradicional CANAVELLA
O grupo de música tradicional CANAVELLA, formase con membros da escola municipal de música tradicional de As Pontes alá polo ano 2009, nos seus comenzos estaba formado por 3 gaitas, 2 tamboris e 1 bombo, actualmente está formado 3 gaitas, 1 tamboril e 1 bombo.
O seu repertorio está formado por todo tipo de pezas tradicionais (pasodobles, muiñeiras, rumbas, xotas, etc).
Facemos todo tipo de eventos, (pasarrúas, alboradas, procesions, bodas, en escenario, etc).
Si queres poñerte en contacto con nos, podes facelo no telefono 636128808, ou por email :canavella@gmail.com
domingo, 17 de novembro de 2013
61 Foliada
Este més tócanos o grupo de música tradicional CANAVELLA organizar a foliada que se fai no LAR das Pontes o último venrres de cada més.
Nesta ocasión ademais de CANAVELLA estaran con nos MARIA unha nena de Neda que toca a gaita e a zanfona que da xenio vela, dende Miño ven o grupo MOLLANDO A PALLETA, e dende Ortigueira veñen OS REBENTAFOLES, un grupo de rapaces cheos de enerxia.
Nesta ocasión ademais de CANAVELLA estaran con nos MARIA unha nena de Neda que toca a gaita e a zanfona que da xenio vela, dende Miño ven o grupo MOLLANDO A PALLETA, e dende Ortigueira veñen OS REBENTAFOLES, un grupo de rapaces cheos de enerxia.
SANTA ICIA 2013
O día 24 estaremos en Ribadeume, homenaxeando a Santa Icia, tocando unhas pezas despois da misa que se celebra nesta parroquia das Pontes
sábado, 26 de outubro de 2013
XXIV FEIRA DE FUNGOS E COGUMELOS AS PONTES
O grupo de música Canavella estaremos tocando o día 1 de Novembro na feira de fungos e cogumelos de As Pontes, tocaremos pola tarde no Mercado de oportunidades MOVA
domingo, 1 de setembro de 2013
venres, 26 de xullo de 2013
CURSO DE CONSTRUCCION DE PALLETAS E PALLÓNS
O 14 de Setembro a Asociacion cultural CANAVELLA organiza un curso de construcción de palletas e pallóns, para máis información chamar o teléfono 664332421 preguntar por Jaime.
venres, 19 de xullo de 2013
FESTA EN RIBADEUME
O vindeiro 11 de Agosto, tocaremos a procesión e Ribadeume en honor a Nosa Señora e San Roque, e despois tocaremos unhas pezas antes da sesión vermut
luns, 8 de xullo de 2013
FESTAS DO CARMIO AS PONTES
O sábado día 20 de xullo faremos un pasarrúas polas calles de As Pontes, saída as 12,00 h dende o parque Municipal (diante do Concello coa artesania) - Avda. Ferrol-Rectoral, Rego do Campo- mª Pita -P. Bazán-Valle Inclán, Ronda do poboado- A Casilla - P. lembranza.
mércores, 19 de xuño de 2013
martes, 18 de xuño de 2013
FOLIADA SANTA PALLETA
O grupo Canavella estivo actuando na 1ª Foliada Santa Palleta, unha noite moi divertida, en esta ocasión estiverón con nos os amigos Rilo e Eduardo. Asistimos a unha procesión en honor a Santa Palleta, unha procesión diferente e moi divertida.
podedes ver máis fotos en
http://nocombaro.wordpress.com/2013/06/16/fotos-santa-palleta/
podedes ver máis fotos en
http://nocombaro.wordpress.com/2013/06/16/fotos-santa-palleta/
xoves, 13 de xuño de 2013
PRESENTACIÓN DE SANTA PALLETA
O colectivo de gaiteiros das Pontes, o martes 11 de xuño, xuntamonos no LAR para a presentación de Santa Palleta, a que tivo moi boa aceptación por parte do colectivo e de veciños que se acercarón ata o LAR para coñecer a imaxé dos gaiteiros.
xoves, 30 de maio de 2013
FESTA DA TROITA
O vindeiro 9 de Xuño, o grupo Canavella estaremos amenizando xunto co Duo Caribe a Festa da Troita en As Pontes
venres, 17 de maio de 2013
mércores, 15 de maio de 2013
martes, 14 de maio de 2013
1ª FOLIADA SANTA PALLETA
O colectivo de grupos tradicionais de As Pontes estamos a organizar unha Gran Foliada para o 15 de Xuño e para elo contamos con vos: Cantarei@s, Bailador@s, Gaiteir@s, Pandereteir@s, etc. etc. etc.
Estimad@ amig@:
Poñémonos en contacto contigo para presentarche e invitarche á que decidimos denominar foliada de SANTA PALLETA coa que os grupos de música tradicional de As Pontes queremos poñer un peche de ouro a esta tempada de foliadas, que iniciamos en setembro do 2012 e finalizaremos este mes de maio (e xa van 7 tempadas!!). A idea, como no podía ser doutro xeito, é tentar perpetuar no tempo a SANTA PALLETA ó final de cada tempada de foliadas.
¿CANDO E ONDE?
SANTA PALLETA celebrarase o SÁBADO 15 DE XUÑO no recinto exterior da cafetería LAR, onde, confiando nunha climatoloxía favorable, instalaremos todo o preciso para disfrutar da música do país:
- Unha tarima para que os grupos podan actuar cómodamente.
- Equipo de son e microfonía básico.
- Barra de bar exterior.
- Pulpeira.
- E ademáis... sorteos de kits de palletas do mestre palleteiro pontés Jaime Pena.
A tarima para as actuacións e torreiro para o baile ubicarase nunha ampla zoa de céspede, moi cómoda e práctica para facer a festa.
En caso de que chova, SANTA PALLETA trasladarase ó interior da cafetería LAR, ó mesmo lugar onde se fan habitualmente as foliadas.
¿COMO PARTICIPAR?
O formato de SANTA PALLETA será o de facer actuacións dende as 21:00, cunha duración aproximada de 15 minutos cada unha delas. Non haberá límite de grupos, e faranse as voltas que sexan precisas ás intervencións dos grupos.
Calquer colectivo interesado en participar deberá de mandar un correo a santapalleta@gmail.com pedindo a súa inclusión no programa da foliada, e facilitando o nome e o teléfono dunha persoa de contacto. Posteriormente a organización poñerase novamente en contacto con cada grupo indicarlle a súa hora de actuación.
Para os grupos que veñan de fora de As Pontes e queiran aproveitar toda a noite de SANTA PALLETA dispoñeremos dunha zoa de acampada e duchas nas inmediacións da cafetería LAR, no campo de tiro con arco.
Con todo esto, festeiros e festeiras, bailadores e bailadoras, non tedes excusa. Agardamos por vos, así que ide mandando dende xa as vosas inscripcións e de paso preparando zapato cómodo para unha noite que se antolla moi longa. Vémonos o 15 de Xuño na SANTA PALLETA en As Pontes.
... Ah! e se aínda vos queda algunha dúbida, podédenola consultar no correo da foliada que vos indicamos máis arriba:santapalleta@gmail.com
Saúde e festa!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)