Grupo de música tradicional CANAVELLA

O grupo de música tradicional CANAVELLA, formase con membros da escola municipal de música tradicional de As Pontes alá polo ano 2009, nos seus comenzos estaba formado por 3 gaitas, 2 tamboris e 1 bombo, actualmente está formado 3 gaitas, 1 tamboril e 1 bombo.
O seu repertorio está formado por todo tipo de pezas tradicionais (pasodobles, muiñeiras, rumbas, xotas, etc).
Facemos todo tipo de eventos, (pasarrúas, alboradas, procesions, bodas, en escenario, etc).
Si queres poñerte en contacto con nos, podes facelo no telefono 636128808, ou por email :canavella@gmail.com

mércores, 19 de xuño de 2013

ACTUACION EN FERREIRA

O domingo 23 de Xuño tocaremos a procesión en Ferreira, e faremos un pasarruas polo campo da festa




martes, 18 de xuño de 2013

FOLIADA SANTA PALLETA

O grupo Canavella estivo actuando na 1ª Foliada Santa Palleta, unha noite moi divertida, en esta ocasión estiverón con nos os amigos Rilo e Eduardo. Asistimos a unha procesión en honor a Santa Palleta, unha procesión diferente e moi divertida.


podedes ver máis fotos en
http://nocombaro.wordpress.com/2013/06/16/fotos-santa-palleta/

xoves, 13 de xuño de 2013

PRESENTACIÓN DE SANTA PALLETA

O colectivo de gaiteiros das Pontes, o martes 11 de xuño, xuntamonos no LAR para a presentación de Santa Palleta, a que tivo moi boa aceptación por parte do colectivo e de veciños que se acercarón ata o LAR para coñecer a imaxé dos gaiteiros.