Grupo de música tradicional CANAVELLA

O grupo de música tradicional CANAVELLA, formase con membros da escola municipal de música tradicional de As Pontes alá polo ano 2009, nos seus comenzos estaba formado por 3 gaitas, 2 tamboris e 1 bombo, actualmente está formado 3 gaitas, 1 tamboril e 1 bombo.
O seu repertorio está formado por todo tipo de pezas tradicionais (pasodobles, muiñeiras, rumbas, xotas, etc).
Facemos todo tipo de eventos, (pasarrúas, alboradas, procesions, bodas, en escenario, etc).
Si queres poñerte en contacto con nos, podes facelo no telefono 636128808, ou por email :canavella@gmail.com

domingo, 25 de marzo de 2018

FOLIADA Nº 100 NO LAR DAS PONTES

O venres 23 de Marzo celebraremos a foliada nº 100 no LAR (As Pontes), dende Marzo do 2006 ata Marzo do 2018, e só descansando os meses de verán por fin chegamos a Foliada nº 100, a que para nos e un orgullo e esperemos que sigan outras tantas. Organiza o grupo de música tradicional Canavella de As Pontes, e estaremos moi ben acompañados de Maria de Neda, unha rapaza que é unha gozada escoitala, tamén nos acompañaran Nova Troula de Sada e Os Carecos do Ortegal. Esperamosvos no LAR o venres 23, normalmente como sabedes ás foliadas fanse o último venres de més pero ao cadrar en Semán Santa adiantase para o venres anterior.