Grupo de música tradicional CANAVELLA

O grupo de música tradicional CANAVELLA, formase con membros da escola municipal de música tradicional de As Pontes alá polo ano 2009, nos seus comenzos estaba formado por 3 gaitas, 2 tamboris e 1 bombo, actualmente está formado 3 gaitas, 1 tamboril e 1 bombo.
O seu repertorio está formado por todo tipo de pezas tradicionais (pasodobles, muiñeiras, rumbas, xotas, etc).
Facemos todo tipo de eventos, (pasarrúas, alboradas, procesions, bodas, en escenario, etc).
Si queres poñerte en contacto con nos, podes facelo no telefono 636128808, ou por email :canavella@gmail.com

xoves, 20 de novembro de 2014

FOLIADA DE NOVEMBRO (Foliada do Magosto)

O venres 28 de novembro tocanos o grupo Canavella organizar a Foliada de Novembro, faremos un pequeno magosto ( si hay castañas). esperamoste na cafeteria do Lar como cada último venres de cada més. Ven a comer unhas castañas acompañades de boa música.

SANTA ICIA

O Domingo día 23 de Novembro estaremos na parroquia de Ribadeume tocando unhas pezas o rematar a misa en honor os músicos de dita parroquia e tocaremos o hinno Galego na ofrenda floral que se fai no monumento dos músicos de Ribadeume e Bermui